Les Mains sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons. Fonte para a información do pé de foto: http://www.theatre-antoine.com/archives/archives.html
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎Resumo: {{Spoiler}}
Liña 4:
 
==Resumo==
{{Spoiler}}
Hugo é un mozo intelectual militante do [[Comunismo|partido comunista]] que sae do cárcere despois de estar dous anos condenado por asasinar a Hoederer, secretario do partido nunha misión de confianza.
 
Unha vez en liberdade, o primeiro que fai é ir á casa dunha amiga, chamada Olga, que tamén é militante do partido comunista. Olga con desconfianza e sorprendida pola súa pronta liberdade, ábrelle a porta e deixa que entre na súa casa. Hugo conta que está seguro de que cando estaba no cárcere o intentaronintentárono matar cuns bombóns que mandaban do exterior. Estando nesta casa chegan Charles e Frantz, militantes do partido, que veñen seguindo a Hugo dende que saíu de chirona, con intención de matalo por orden de Louis, xefe do partido. Mentres tanto Hugo atópase escondido na habitación de Olga.
 
A continuación, entra Louis na casa. Olga dille que non poden permitirse liquidar ao rapaz sen saber se é recuperable para o Partido. Ao que Louis contesta que Hugo era un pobre anarquista indisciplinado, un intelectual que só pensaba en adoptar actitudes, un burgués que traballaba cando lle viña en gana e que deixaba o traballo por calquera cousa. Olga puntualízalle que aínda tendo 20 anos matou a Hoederer diante do seu gardacostas e que se apañou para que parecese un crime pasional e non un asasinato político. Tamén lle di que traballaba co nome falso e que, salvo dúas persoas, ninguén o coñecía.