Vicente Rojo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño ligazón rota a ficheiro
Liña 5:
En [[1911]] ingresa na Academia de [[Infantería]] de [[Toledo]], da que sae en [[1914]] co grao de [[subtenente]], obtendo o número 4 nunha promoción de 390 cadetes. Logo de estar destinado en [[Barcelona]] pasou ao Grupo de [[Regulares]] de [[Ceuta]] e posteriormente de novo a Barcelona e á [[Seu de Urgel]].
 
En [[1922]], xa como [[capitán]], volve á Academia de Infantería, onde ocupa diversos postos docentes e de administración. Foi un dos redactores dos plans de estudo das asignaturasmaterias de Táctica, Armamento e Tiro para a nova etapa da Academia de [[Zaragoza]]. É neste período na Academia cando colabora na fundación e dirección da ''Colección Bibliográfica Militar'', colección sobre temas militares que acadou ampla difusión en España e no estranxeiro, xunto co tamén capitán Emilio Alamán. En agosto de [[1932]], abandona a Academia para ingresar na Escola Superior de Guerra co obxectivo de realizar o curso de Estado Maior.
 
Durante a súa estancia na Escola deuse a circunstancia curiosa de que se propuxo aos alumnos da súa [[promoción]] que desenvolvesen un suposto táctico que consistía no paso do [[río Ebro]] para establecerse na rota Reus-Granadella, operación moi similar á que uns anos despois, durante a [[Guerra Civil Española|guerra civil]], habería de levar á práctica na soada [[batalla do Ebro]] no tramo comprendido entre [[Mequinenza, Zaragoza|Mequinenza]] e [[Amposta]]. Noutra faceta da súa biografía, a súa preocupación e implicación pola formación dos mozos conduciu, igualmente, a que por estas datas (1931-1933) fose nomeado Comisario Xeral de Instrución dos "Exploradores de España".