Diferenzas entre revisións de «Gándaras de Budiño»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:))
Sem resumo de edição
[[Ficheiro:Gándaras de Budiño.jpg|thumb|]]
 
As '''Gándaras de Budiño''' son un [[ecosistema]] natural consistente nun conxunto de [[lagoa]]s, [[balseiro]]s e [[regato]]s no curso do [[río Louro]] preto da localidade dedo [[O Porriño|Porriño]] e do [[parque natural]] do [[Monte Aloia]]. Constitúen a maior extensión de lagoas de [[Galiza]] e o ecosistema acuático de augas continentais máis variado.
 
Esta [[zona húmida]] formouse coa [[colmatación]] de antigas lagoas que se converteron en zonas [[pantano]]sas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas [[tectónica]]s; a [[bacía]] encheuse con [[sedimento]]s da inundación do [[río Miño]], que deixou [[grava]]s e [[area]]s. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos [[granito|graníticos]], o [[Penedo Corucho]] e o [[Faro de Budiño]], este último recuberto de grandes [[cristal|cristais]] de [[cuarzo]]. Polo oeste érguese a [[Serra do Galiñeiro]], con máis de 700 m. de altitude.
210.731

edicións