Arabinosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''arabinosa''' é un [[monosacárido]] de cinco [[carbono]]s cun grupo [[aldehido]] polo que pertenece ao grupo das [[aldosa]]s, concretamente ás [[Pentosa|aldopentosas]].
 
Ten dous [[enantiómero]]s, D e L, e o máis frecuente na natureza é a L-arabinosa, que é un dos constituíntes da [[pectina]] e a [[hemicelulosa]], e pode encontrarse principalmente na [[goma arábiga]]. Esta predominancia do isómero L é unha excepción dentro dos monosacáridos, xa que nestas substancias o normal é que o máis abundante sexa o D. A súa [[isomería]] óptica non coincide coa D/L, xa que o isómero D-(-)-arabinosa desvía o plano da luz polarizada á esquerda e o isómero L-(+)-arabinosa desvíao á dereita. A arabinosa é [[epímero]] da ribosa no carbono 2.
 
O [[operón]] da L-arabinosa é de grande importancia en bioenxeñaría e en diversas técnicas de [[bioloxía molecular]]<ref>[http://www.mun.ca/biochem/courses/3107/Topics/Ara_operon.html. Características do operón da arabinosa.]</ref>.