Clasificación climática de Köppen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
Liña 1:
[[FileFicheiro:Koppen World Map.png|thumb|700px]]
A '''clasificación climática de Köppen''' é unha clasificación fisionómica <ref>As clasificacións climáticas fisionómicas son aquelas que combinan parámetros climáticos imprimindo un enfoque de síntese xeográfica ou obedecendo a criterios bioxeográficos. Defínense en oposición ás clasificacións xenéticas, que parten da análise da circulación xeral atmosférica.</ref> dos climas da [[Terra]], desenvolta por primeira vez polo científico ruso-alemán [[Wladimir Köppen]] en 1884 e modificada posteriormente por el mesmo en 1918 e 1936, e polo climatólogo alemán [[Rudolf Geiger]] en 1961.
 
Liña 28:
 
=== Clima Aw: Clima tropical ou de sabana tropical===
[[FileFicheiro:Acacia Bild1086.jpg|thumb|250px|Sabana en [[Burkina Faso]].]]
A letra w indica a existencia dunha estación seca no inverno. A amplitude térmica pode chegar aos 10ºC e o volume total de precipitacións anuais non acada os 2.000 mm pero supera os 1.000 mm, habendo un acusado contraste entre a que se recolle no verán (estación húmida) e a que se recolle no inverno (estación seca).
 
Liña 133:
 
== Grupo D: Climas fríos==
[[FileFicheiro:Talkessel von Werchojansk.JPG|thumb|250px|Taiga siberiana en inverno.]]
Tamén denominados microtérmicos, son climas nos que a temperatura media do mes máis frío é inferior a -3ºC, pero a do mes máis cálido supera os 10ºC. Abrangue os climas de tipo continental, nos que o afastamento do efecto regulador do mar provoca invernos máis rigorosos e secos. Isto fai que estea moito máis extendido no Hemisferio Norte que no Sur, dada a carencia de amplas masas continentais neste hemisferio. Neste hemisferio, tan só na [[Pampa]] arxentina se dan as súas características. Tamén se dá en zonas costeiras de altas latitudes, como transición cara aos climas polares. As principais características destes climas son:
* Invernos longos e fríos, con fortes contrastes térmicos, tanto estacionais coma diúrnos.