Australasia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
Liña 5:
==Xeografía Humana==
[[Xeopolítica|Xeopoliticamente]], o termo Australasia sen ningún outro calificativo, úsase ás veces para nomear a Australia e Nova Zelanda xuntas. Ás veces se inclúe no termo a illa de Nova Guinea ([[Papúa Nova Guinea]] e a parte [[indonesia]] da illa). Hai moitas organizacións que preceden o seu nome de "(Real) Sociedade Australasiana" para indicar xustamente que se limita a Australia e Nova Zelanda.
[[ImageFicheiro:Flag of Australasian team for Olympic games.svg|thumb|200px|Bandeira do equipo olímpico de Autralasia (1908-1912)]]
 
No pasado, o termo Australasia foi usado para nomear aos equipos deportivos conxuntos de Australia e Nova Zelanda. Exemplos disto son o equipo de [[tenis]] entre 1905 e 1915, cando Nova Zelanda e Australia competiron xuntas na [[Copa Davis]]; ou o equipo [[olímpico]] de ambos países que competiu nas [[Xogos Olímpicos|olimpíadas]] de verán de [[Xogos Olímpicos de 1908|1908]] e [[Xogos Olímpicos de 1912|1912]].
 
==Xeografía Ecolóxica==
[[ImageFicheiro:Línea de Wallace.jpg|thumb|300px|[[A liña de Wallace]] separa a [[fauna]] de '''Australasia''' da do [[sudeste asiático]].]]
 
Desde un punto de vista [[Ecoloxía|ecolóxico]], a zona ecolóxica australasiana é unha rexión diferenciada cunha xeoloxía e historia evolutiva propias e unha gran cantidade de [[flora]] e [[fauna]] única. Neste contexto, Australasia limítase a Australia, Nova Guinea, Nova Zelanda, [[Nova Caledonia]], e illas adxacentes, incluíndo as illas orientais indonesias de [[Lombok]] e [[Sulawesi]]. A liña imaxinaria que marca a división biolóxica entre Australasia e a [[ecozona]] Indomalaia na [[Asia]] [[Trópico|tropical]], coñécese como [[Liña de Wallace]] - [[Borneo]] e [[Bali]] están do lado asiático.