Nuclear Blast Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bg, bn, ca, da, de, es, fa, fi, fr, hr, hu, it, ja, lt, nl, no, pl, pt, ro, ru, sco, simple, sv, tr, uk
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 15:
 
'''Nuclear Blast Records''' é un selo discográfico e un distribuídor de discos por correo independendente con subsidiarias en [[Alemaña]], [[Estados Unidos]] e [[Brasil]]. O selo fundouno en [[1987]] Markus Staiger en Alemaña. Orixinalmente editaba discos de [[hardcore punk]], pero pasou a publicar traballos de bandas de [[death metal melódico]], [[grindcore]], [[power metal]] e [[black metal]], ademais de álbums tributo. Nuclear Blast é amplamente respetada por ser a principal etiqueta da escena death metal, xunto coa súa compañeira [[Century Media Records|Century Media]]. As súas oficinas principais atópanse en [[Donzdorf]], [[Göppingen]]. Nuclear Blast America e Century Media traballan xuntas nunha asociación extratéxica entre as dúas discográficas independentes de metal, e son distribuídas a través de Caroline/EMI.
 
== Historia ==
Nuclear Blast formouse en [[1987]] despois de que Markus Staiger viaxase a través dos [[Estados Unidos]] durante catro semanas e vise un concerto da súa banda favorita, [[BL'AST!]]. O selo chamouse orixinalmente "Blast", pero ao pouco tempo cambiouse para Nuclear Blast. A primeira edición da etiqueta foi un vinilo recompilatorio titulado ''Senseless Death'' (NB 001), que contaba con bandas estadounidenses de [[hardcore punk]] como [[Attitude]], [[Sacred Denial]] e [[Impulse Manslaughter]]. O primeiro lanzamento de 1.000 copias esgotouse antes dun ano.
 
Nuclear Blast comezou a asinar contratos con grupos de [[grindcore]] despois de que Staiger descubrise á banda de [[Las Vegas]] Righteous Pigs. A esta seguíronlle edicións de [[Atrocity]], [[Deathstars]], [[Master]] e [[Opprobrium]]. A popularización do grindcore está considerado un fito na historia do selo, que conseguíu chamar a atención en todo o mundo.
 
A comezos dos 90 o [[black metal]] fíxose máis popular en [[Europa]], e Nuclear Blast asinou con moitas banda. Gran parte deles aínda están co selo na actualidade, como [[Dimmu Borgir]] e [[Dissection]]. A popularidade do black metal foi medrando, e cara [1996]] moitos dos grupos de Nuclear Blast foron entrando nas listas europeas. Cara finais de [[1997]], Nuclear Blast tiña 20 empregados e enviaba por correo un catálogo trimestral de 100 páxinas a 50 países.
 
A finais dos 90 e comezos dos 2000, o selo expandíuse cara o [[power metal]], promocionando a bandas como [[HammerFall]] ou [[Helloween]]. Durante os anos 2000 Nuclear Blast comezou a traballar con algunhas bandas de [[Finlandia]], como [[Stratovarius]] e [[Sonata Arctica]], e cos alemáns [[Blind Guardian]], ampliando o seu estilo con distintos subxéneros do metal.
 
A banda sueca [[Meshuggah]] convertiríase no primeiro artista dna historia de Nuclear Blast Records en entrar na lista ''Billboard 200'', acadando o número 165 co seu álbum do [[2002]] ''Nothing''. Meshuggah tamén sería a primeira banda de Nuclear Blast en ser reseñada na revista ''[[Rolling Stone]]''.
 
== Véxase tamén ==