Timor Leste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: or:ଇଷ୍ଟ ଟିମୋର
Liña 67:
Entretanto, a visita do Papa [[Xoán Paulo II]] a Timor-Leste, en outubro de [[1989]], foi marcada por manifestacións pro-independencia, que foron duramente reprimidas. No día [[12 de novembro]] de [[1991]], o exército indonesio disparou moitos tiros a diversas persoas que homenaxeaban un estudante morto pola represión no cemiterio de Santa Cruz, en Díli. Cerca de 200 persoas morreron no local. Outros manifestantes morreron nos días seguintes, "cazados" polo exército da Indonesia.
A causa de Timor Leste pola independencia gañou maior repercusión e recoñecemento mundial coa atribución do [[Premio Nobel da Paz]] ao bispo [[Carlos Ximenes BelloBelo]] e [[José Ramos -Horta]] en outubro de [[1996]]. En xullo de [[1997]], o presidente surafricano [[Nelson Mandela]] visitou o líder da [[FRETILIN]], [[Xanana Gusmão]], que estaba na prisión. A visita fixo que aumentase a presión para que a independencia fose feita a través dunha solución negociada. A crise da economía da Asia no mesmo ano afectou duramente a Indonesia. O réxime militar de [[Suharto]] comezou a sufrir diversas presións con manifestacións cada vez máis violentas nas rúas. Tales actos levan á dimisión do xeneral en maio de [[1998]].
 
Os gobernos de [[Portugal]] e da [[Indonesia]] comezaron, entón, a negociar a realización de unha consulta popular, baixo a supervisión dunha misión da [[Organización das Nacións Unidas]]. Percibindo que Timor-Leste estaba disposto conquistar a independencia, a á radical do exército indonesio recrutou e adestrou milicias armadas locais para espallaren o terror entre a poboación. A pesar das ameazas, mais do 98% da poboación timorense foi ás urnas o [[30 de agosto]] de [[1999]] para votar na consulta popular, e o resultado apuntou que 78,5% dos timorenses querían a independencia.