Oso das cavernas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ka:მღვიმის დათვი; cambios estética
m oso pardo europeo
Liña 11:
O '''oso das cavernas''' (''Ursus spelaeus'') é unha especie [[extinción|extinta]] de [[oso]] que viviu na [[Europa]] durante o [[Pleistoceno]] e que desapareceu hai cerca de 10.000 anos, no fin da última [[Idade do xeo]]. O nome deriva do feito de moitos dos fósiles deste [[carnívoro]] teren sido encontrados en [[caverna]]s.
 
O oso das cavernas era bastante semellante en forma ao [[oso pardo europeo|oso pardo]] moderno, coa diferenza principal no tamaño, cerca de 30% maior cunha estatura que chegaba preto dos 4 metros cando estaba de pé e 2,2 m de cernella e un peso estimado de 1,5 toneladas. A morfoloxía do [[cranio]] é tamén lixeiramente diferente, tendo o oso das cavernas unha testa máis inclinada. Este animal era [[omnívoro]] e alimentábase de pequenos [[mamífero]]s, herbas e frutos. Dado ao clima bastante máis frío do Pleistoceno, suponse que este animal [[hibernación|hibernase]] durante máis tempo que os osos modernos. Esta hipótese xustifica a presenza frecuente do animal en cavernas.
 
As causas para a extinción do osos das cavernas non se coñecen con seguridade. Suponse que desapareceu debido a unha redución do seu hábitat no fin da Idade do Xeo e/ou a mudanzas contemporáneas da [[flora]] europea. Non é de excluír a interferencia do [[ser humano]], unha vez que as comunidades primitivas partillaban o mesmo espazo que este oso. Hai evidencias de que algunhas tribos idolatrabam o oso das cavernas a través de pinturas e esculturas.