Río Grande do Sur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 68:
O [[turismo]] é outra importante fonte de renda do estado, sobre todo nas rexións da ''Serra Gaucha'' de colonización [[Alemaña|alemá]] (Nova Petrópolis, Canela, [[Gramado]]), e [[Italia|italiana]] ([[Bento Gonçalves]], [[Caxias do Sul]], [[Garibaldi]]) cos seus costumes típicos. Ademais das curiosidades históricas, estas cidades albergan paisaxes deslumbrantes, como a Cascada do Caracol na cidade de Canela, e os ''canyons'' de Itaimbezinho e Fortaleza em Cambará do Sul e São José dos Ausentes, ademais dunha [[gastronomía]] moi rica, grazas ás influencias ''gaucha'' e dos inmigrantes. Gramado tamén alberga un Festival de [[Cinema]] que atrae público para asistir a filmes de produción nacional. En días máis fríos de inverno, a caída de [[neve]] tamén pode ser un atractivo na ''Serra Gaucha'', principalmente en São José dos Ausentes, considerada a cidade máis fría do estado. A Serra Gaucha recibe millares de visitantes todos os anos.
 
[[Ficheiro:Praia da cal1.jpg|thumb|left|180px|Praia da Cal, en Torres.]]
No litoral destacan as cidades de Torres, Capão da Canoa e Tramandaí, que tamén atraen turistas dos países veciños, [[Arxentina]] e [[Uruguai]]. O litoral de Torres está marcado pola presencia de [[cantil|cantís]] pronunciados, que atinxen os 30 metros de altura.
 
Liña 78:
O ''gaucho'' típico resulta da mestura de [[España|españois]] e portugueses con indios guaraní e charrua (unha etnia hoxe extinta) e tamén africanos. Descenden dos primeiros poboadores da ''pampa'', instalados a partir do século XVI, que vivían de cazar o gando que fuxía e se criaba solto tornándose salvaxe, nesta rexión de pastos naturais. Existen ''gauchos'' tamén na Arxentina e no Uruguai. Hai tamén uns poucos índios puros, de etnias guaraní e kaingang.
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.rs.gov.br Goberno do estado do Río Grande do Sur] páxina en portugués{{pt}}.
* [http://www.ufrgs.br Universidade Federal do Rio Grande do Sul] principal institución de ensino superior do estado.