Marco Aurelio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
corrixo ortografía
Liña 6:
Antonino Pio asociara o seu goberno ao nome de '''Marco Aurelio'''. Nacido en [[Roma]] de familia hispana, este emperador que chegou ao poder aos 40 anos, pasou á historia como un eminente filósofo [[estoico]], foi alén disto un grande xurista, home de vasta cultura e un emperador cunhas altas cualidades de estadista, aínda que o período que lle tocou vivir non tivera a brillantez dos inmediatamente anteriores. Con el péchase o período que ten definido como ''felicior aetas''(a época máis feliz)
 
Cando foi elevado ao imperio, Marco Aurelio posuía unha ampla experiencia de goberno, case 15 anos como [[césar]] xunto ao seu predecesor. Compartira ese cargo con [[Lucio Vero]], quen recibira o título de [[augusto]]. Esta organización do cumio do poder (un emperador,un césar e un augusto) era garantía de continuidade. No [[169]], morreu Lucio Vero e Marco Aurelio asociou como augusto o seu fillo [[Cómodo]], froito do seu matrimonio con Faustina, filla de Antonino Pio. Foi unha pésima eleciónelección como amosaron os acontecementos que seguiron.
 
A historia tende a considerar este período como un punto de inflexión, tras o cal comeza unha longa e lenta decadencia de Roma. A burocracia converteuse nunha cuncha que asfixiaba o Estado e frustraba os logros e eficacia anteriores, e que a propia complicación administrativa e a política fiscal promoveron unhas diferenzas cada vez mais acusadas entre a cidade e o medio rural, aspecto que para moitos historiadores é causa a longo prazo da ruína do Imperio.