Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
}}
 
'''Maine''' é un dos 50 [[Estados dos Estados Unidos da América|estados]] dos [[Estados Unidos dade América]]. Está localizado no extremo nordeste do país, na rexión de [[Nova Inglaterra]]. [[West Coddy Head]], o punto máis [[leste|oriental]] de Maine, é considerada o punto máis oriental dos Estados Unidos, aínda que algúns consideren [[Alasca]] o máis oriental do país, pois dúas das illas do [[Illas Aleutas|Arquipélago dos Aleutas]] están localizadas no [[Hemisferio Oriental]]. Maine tamén é o Estado máis [[norte|setentrional]] do Estados Unidos continental.
 
Os bosques cobren aproximadamente o 90 % de Maine. Maine coñécese como ''The Pine Tree State'' polas súas forestas que conteñen grandes cantidades de [[piñeiro]]s. O Estado é un líder nacional da industria madeireira. Maine produce máis escarvadentes que calquera outro estado americano, e é o segundo maior produtor de madeira en xeral do país, atrás apenas de [[Washington]]. A [[pesca]] e mais o [[turismo]] son outras fontes importantes de renda.
Usuario anónimo