Test de Ames: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: zh:艾美氏試驗
m →‎Activación metabólica: ácido desoxirribonucleico
Liña 20:
 
== Activación metabólica ==
Algúns compostos químicos son activos directamente xa que son compostos que reaccionan cos centros nucleofílicos presentes no [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], como por exemplo os [[epóxidos]], [[N-óxidos aromáticos]], considéranse compostos xenotóxicos directos. Non obstante, outros compostos necesitan dunha activación metabólica antes de ser activos. Convértense en activos pola acción de algúns sistemas enzimáticos presentes na célula animal<ref name = Lab/>, <ref>[http://www.sertox.com.ar/img/item_full/Evaluaciones%20genotox%20sertox.pdf, Fracción microsomal hepática (S-9)](diapositiva 13)</ref>, <ref>[http://www.osman.es/ficha/13742, Osman]</ref>. É o caso de moitos carcinóxenos químicos, tales coma as aminas aromáticas ou os hidrocarburos aromáticos policíclicos, que son fisioloxicamente inactivos, pero transfórmanse en compostos activos despois de que o organismo os metabolice.<ref name = Ames/>
 
Nos seres humanos e animais, o cito cromo P-450 é responsable da maioría destes casos de activación metabólica. Pero como as bacterias non teñen esa capacidade metabólica, non poden por si mesmas facer esa activación, e polo tanto axentes potencialmente canceríxenos para o home poderían dar negativo neste test. Para subsanar este [[déficit]] débese engadir un sistema de activación metabólico esóxeno, que se extrae de órganos de animais ricos en enzimas. Concretamente emprégase a chamada fracción microsomal S-9, que se obtén de [[fígado]] de [[rata]] e que se engade na placa de Petri, xunto coa sustancia de ensaio e as bacterias.