Taifa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
== Primeiros reinos de taifas ==
{{AP|Primeiros reinos de taifas}}
Coa guerra civil no [[Al-Andalus]], desde que o [[califa]] [[Hisham II]] foi obrigado a abdicar en [[1009]] até a abolición formal do califato en [[1031]] sucédense no trono de [[califato de Córdoba|Córdoba]] nove califas, das dinastías omíada e [[hammudidas|hammudida]], no medio dunha anarquía total que se reflicte na independencia paulatina das taifas de [[taifa de Almería|Almería]], [[Reino de Murcia|Murcia]], [[Alpuente]], [[Arcos de la Frontera|Arcos]], [[taifa de Badaxoz|Badaxoz]], [[Carmona]], [[Taifa de Denia|Denia]], [[Reino de Granada|Granada]], [[Huelva]], [[Taifa de Morón|Morón]], [[Taifa de Silves|Silves]], [[taifa de Toledo|Toledo]], [[Tortosa]], [[Taifa de Valencia|Valencia]] e [[Taifa de Zaragoza|Zaragoza]]. Cando o último califa [[Hisham III]] é deposto e proclamada en [[Córdoba, (España)|Córdoba]] a república, todas as ''coras'' (provincias) de [[Al-Andalus]] que aínda non se independizaran autoproclámanse independentes, rexidas por clans [[árabes]], [[bérberes]] ou [[eslavos]].
 
As razóns encontrábanse en problemas profundos. Por un lado, as loitas polo trono do califato non facían senón reproducir as loitas internas que sempre asolaron o emirato e o califato por causas raciais (árabes, bérberes, muladís ou eslavos, escravos libres de orixe centro-europea ou do norte peninsular). Tamén influían a maior ou menor presenza poboacional mozárabe, a ansia independentista das áreas con maiores recursos económicos, ben como a agobiante presión fiscal necesaria para financiar o custo dos esforzos bélicos.