Proxestáxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
Os [[esteroide]]s sintetízanse a partir do [[colesterol]]. A ruta esteroidoxénica comeza cando unha molécula de colesterol se converte en [[pregnenolona]] (P5). A pregnenolona e outros membros do grupo dos esteroides proxestáxenos serven de precursores de todos os outros esteroides, incluíndo [[estróxeno]]s, [[andróxeno]]s, [[mineralocorticoide]]s, e [[glicocorticoide]]s <ref>A. Lehninger. Bioquímica. Omega. 2ª ed. Páxinas 698-699. ISBN:84-282-0211-7. </ref>. A P5, P4, 17α-hidroxipregnenolona, e a 17α-hidroxiproxesterona son todos intermediatos desta ruta producidos endoxenamente. Deste modo, todos os tecidos produtores de hormonas esteroides, como as [[glándula adrenal|glándulas adrenais]], [[ovario]]s, e [[testículo]]s, poden producir proxestáxenos.
 
Nalgúns tecidos, os encimas requiridos para obter o produto final non están todos localizados nunha soa célula, polo que deben colaborar na síntese varios tipos celulares. Por exemplo, nos [[folículo ovárico|folículos ováricos]], o colesterol convértese no [[andróxeno]] [[androstenediona]] nas células da teca folicular, o cal é despois convertido en estróxeno nas células da granulosa próximas <ref>Medical Physiology, Boron & Boulpaep, ISBN 1-4160-2328-3, Elsevier Saunders 2005. Updated edition. Page 1155</ref>. Nalgunhas especies, as glándulas adrenais fetais tamén producen pregnenolona (P5), a cal se converte en proxesterona (P4) e estróxenos pola placenta (como se explica máis abaixo). Nos humanos, as glándulas adrenais fetais producen [[dehidroepiandrosteronadeshidroepiandrosterona]] pola ruta da pregnenolona (P5).
 
===Produción de proxestáxenos no ovario===