Diferenzas entre revisións de «Éamon de Valera»

m (r2.7.2+) (Bot: Modifico: he:איימון דה ואלירה)
 
== Biografía ==
Bautizado como Edward, naceu no Hospital de Infancia e Enfermería de [[Nova York]] en [[1882]] dunha nai irlandesa, Kate Coll, natural do condado de [[Limerick]] e de Juan Vivion de Valera, escultor hispano-cubano con intereses económicos en [[Cuba]]. En 1885, ao morrer seu pai, marchou cun seu tío seu a Irlanda, á casa duns familiares en [[Knokmore]], escolarizouse na escola pública de [[Bruree]] e posteriormente na escola da [[Congregación dos Irmáns Cristiáns]] de [[Charleville]]. OsÓs dezaseis anos recibiu unha bolsa de estudo para acudir ao Blackrock College en [[Dublín]], destacou como estudante e como xogador de [[rugby]] e [[cricket]]. Profesor de matemáticas no Rockwell College en 1903 gradouse ao ano seguinte en matemáticas na Universidade Real de Irlanda e deu clases no Belvedere College e no Carysfort College, centro para formación de profesoras de primaria. Tamén ensinou no Seminario de [[Maynooth]].
 
== Actividade pública ==
249.865

edicións