Berta Ojea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Berta Ojea''' é unha actriz [[Galicia|galega]] de [[teatro]] e [[cinema]]. Tamén ten traballado en varias series de televisión destacando a súa intervención na produción da [[Televisión de Galicia]] ''[[A vida por diante]]''.
 
== Traxectoria ==
En cine participou en películas ás ordes de directores como [[Guillermo del Toro]] ou [[Álex de la Iglesia]], pero quizais o papel que lle deu máis popularidade a nivel [[España|español]] foi o de Ofelia nas dúas adaptacións cinematográficas de [[Mortadelo e Filemón]]. A primeira, dirixida por [[Javier Fesser]] en [[2003]], valeulle unha nominación á mellor actriz de reparto pola Unión de Actores. Tamén en [[2003]] conduciu a gala dos [[Premios Max]] de teatro, celebrada en [[Vigo]] xunto coas tamén actrices galegas [[María Pujalte]] e [[María Bouzas]] e o actor [[Sergio Pazos]].