Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m <!--Categorías ocultas--> Categoría:Porto do Son poboación 2008
m →‎Patrimonio: arquitectura gótica
Liña 20:
 
==Patrimonio==
A '''igrexa parroquial''', de estilo neoclásico, foi construída entre 1775 e 1790. Reedificada sobre un templo medieval románico, ten planta de cruz latina, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada para a fachada principal e para o entornocontorno dos panos. Tanto a nave principal como as transversais rematan nunha bóveda de canón na parte superior.
 
O cruceiro leva catro arcos de medio punto para dar acceso ás capelas laterais e ao [[presbiterio]]. A decoración limítase á fachada principal, onde destaca o campanario sobre peana cadrada, formada por dous corpos estilizados con ornato aínda de procedencia barroca, con remate nunha cupuliña con [[pináculo]]. O resto da fachada leva un arco de medio punto sobre semicolumnas para conformar o pórtico da entrada, lixeiramente atrasado, e unha [[fornela]] coa imaxe do patrón, ademais dunha ventá sobre a porta e dúas pilastras nas estremas da fachada con remate en pináculo.
Liña 27:
 
[[Ficheiro:Capela da Atalaia, Noal, Porto do Son.jpg|thumb|left|200px|Capela da Atalaia]]
A '''capela da Nosa Señora da Misericordia''', máis coñecida como '''capela da Atalaia''', construíuse inicialmente no [[século XV]], mantendo aínda elementos [[arquitectura gótica|gótico]]s, se ben foi reformada a finais do [[século XVIII]] e ampliada a finais do [[século XIX|XIX]] coa construción da nave principal entre o presbiterio e a porta e das torres das campás e a sancristía na parte posterior.
 
Está formada por unha soa nave rectangular, cuberta por bóveda de canón apoiada en muros de carga de cantería. Aos pés da nave leva o coro ao que se accede por unha escaleira de pedra no interior do muro esquerdo.