Sala capitular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 189.68.35.224 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
m arquitectura gótica
Liña 1:
A '''sala capitular''' é unha estancia dun [[mosteiro]] construída xeralmente na á leste do [[claustro]]. Adoita ser unha peza moi ampla para dar cabida a tódolos monxes, favorecida con boa ornamentación arquitectónica. Nalgúns mosteiros de estilo [[románico]] ou [[arquitectura gótica|gótico]] accédese a esta sala por unha entrada que constitúe unha verdadeira fachada en pequeno, con porta de [[arquivolta]]s e moita decoración.
 
Neste lugar reuníase a comunidade de [[monxe]]s co [[abade]] para facer o ''capítulo'', é dicir, recordar as escrituras da regra adoptada e conversar sobre asuntos concernentes ao mosteiro e os seus moradores. As reunións facíanse xeralmente logo da [[misa]], pola mañá. Os monxes sentábanse aos longo dos muros seguindo unha rigorosa orde de antigüidade. Terminábase o acto coa confesión pública dos monxes que desexasen acusarse a si mesmos das faltas cometidas ou desexasen denunciar a algún outro compañeiro; neste caso debía omitirse o nome.