ADEGA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Adega}}
 
'''ADEGA''' é o acrónimo de '''Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza''', un grupo ecoloxista galego nacido en [[1974]] pero legalizado en [[1976]]. Traballa na defensa do medio ambiente galego e global.
 
== Traxectoria ==
[[DomingosDomingo Quiroga]] foi o primeiro presidente da asociación. Formaron parte das primeiras xuntas directivas personaxes destacados como: [[Francisco Bermejo]], catedrático de Química Analítica; [[Xosé Bar Boo]], arquitecto; [[Xosé Luís Rodríguez Pardo]], avogado; [[Xosé Manuel Beiras Torrado]], portavoz nacional do [[BNG]] durante moitos anos, e [[Fernando González Laxe]], que foi presidente da [[Xunta de Galicia|Xunta de Galiza]].
 
Destacouse nos anos 80 por unha campaña contra os verquidosvertidos de materiais [[Radioactividade|radioactivos]] na [[foxa atlántica]]. Posteriormente a súa actividade medrou e diversificouse atendendo a numerosos problemas ambientais.
 
ADEGA publica trimestralmente a revista ''Cerna'', nacida en 1986, onde se tratan asuntos mediambientais de repercusión mundial e en especial os relacionados con Galiza. Desde 2004 impulsou o ''proxecto ríos'', unha iniciativa de educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos, de maneira que as persoas voluntarias adoptan un río que pasa polo seu concello (realízanse inspeccións da saúde do río, un informe anual, conferencias e campañas de limpeza onde é necesario).
Liña 12 ⟶ 11:
Froito dunha escisión fundouse no [[2005]] a asociación [[Verdegaia]].
 
== Véxase tamén==
=== Ligazóns externas===
*[http://www.adega.info Web de ADEGA]
*[http://www.proxectorios.org/index.php Proxecto ríos]