Diferenzas entre revisións de «Salto, Vimianzo»

m
→‎Historia: arquitectura gótica
m (<!--Categorías ocultas--> Categoría:Vimianzo poboación 2004)
m (→‎Historia: arquitectura gótica)
 
==Historia==
Tomando como referencia os restos do poboado [[galaicos|galaico]] de [[Castro, Salto, Vimianzo|Castro]] e [[mámoa|mámoas]] en [[Reparada, Salto, Vimianzo|Reparada]], pódese asegurar que o poboamento das terras que conforman actualmente esta parroquia, -ao igual que as súas veciñas colindanteslindantes- remóntanse polo menos ao [[-2000|2000 a.C]].
 
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a [[bóveda]] da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo [[arquitectura gótica|gótico]]. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo [[neoclásico]] e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de liñas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no [[1956]], sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
 
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós [[batáns do Mosquetín]], documentados desde o [[catastro de Ensenada]] (1753). Estes muiños sitúanse á esquerda do [[Río Grande, Terra de Soneira|río Grande]] e suman en total sete máis tres [[batán]]s. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o [[liño]] e [[lá]]. Durante séculos constituíu unha importante industria e os seus servizos eran demandados máis aló dos límites naturais de [[Terra de Soneira|Soneira]]. Actualmente están sendo rehabilitados pola [[Deputación da Coruña]] co obxectivo de transformalos nun museo.
104.586

edicións