Boaventura de Bagnoregio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Hl.Bonaventura.jpg|thumb|300px]]
O seu primeiro nome foi Giovanni da Fidanza. Obtivo o diploma en Arte. En [[1243]] pediu o ingreso na Orde franciscana ou de Freires Menores e asumiu o nome de de Boaventura. Matriculouse na Facultade de Teoloxía de París obtendo os títulos de bacharel bíblico e bacharel sentenciario. A súa tese defendida para poder adicarse ao ensino versou sobre Cuestións verbo do coñecemento de Cristo.
 
Sufriu unha forte oposición por parte das autoridades académicas e relixiosas. Agromou unha violenta polémica debido áa que círculos eclesiais moi influenteinfluentes eran radicalmente contrarios ás innovacións que supoñían as ordeordes mendicantes seguindo os exemplos de [[Domingos de Guzmán]] e [[Francisco de Asís]], non inseridos directamente na xerarquía eclesial e tendo a pobreza como eixo da súa vida. Neste conflito mediou o propio [[Papa]] [[Alexandre IV, Papa|Alexandre IV]], que apoiou a presenza dos mendicantes na [[Universidade]]. Así, en [[1257]] acadou o título de doutor xunto co dominico [[Tomé de Aquino]]. Moi cedo, renunciou a ese cargo ao ser elixido como ministro xeral da Orde franciscana.
 
Boaventura dirixiu a Orde nun momento de gran expansión desta dende [[Marrocos]] ata [[China]]. Loitou por preservar o espírito de pobreza da Orde e conseguiu neutralizar os riscos de fractura debido as maneiras diferentes de interpretar a mensaxe do fundador. En [[1260]] o capítulo xeral de [[Narbona]] aceptou os seus principios e regras.