Diferenzas entre revisións de «Proxestáxeno»

===Produción de proxestáxenos na placenta===
O papel da [[placenta]] na produción de proxestáxenos varía entre especies. Nas [[ovella]]s, [[cabalo]]s e [[humano]]s, unha vez establecido o embarazo, a placenta asume a maior parte da produción de proxestáxenos <ref name=Guyton> A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. Interamericana. 6ª edición. Páxinas 1191-1192, 1212. ISBN 84-7605-029-1.
</ref>, pero noutras especies o [[corpo lúteo]] do ovario segue sendo a principal fonte de proxestáxenos. Nas ovellas e nos humanos, a proxesterona (P4) é o principal proxestáxeno placentario. <ref>Jerome F. Strauss III, Federico Martinez, Marianthi Kiriakidou. Placental Steroid Hormone Synthesis: Unique Features and Unanswered Questions. Biology of reproduction 54, 303-311 (1996). [http://www.biolreprod.org/content/54/2/303.full.pdf]</ref>
 
A placenta equina produce unha variedade de proxestáxenos, principalmente a 5αDHP e a 20α5P, comezando no día 60 de [[xestación]]. O cambio completo lúteo-placentario na produción ocorre entre os días 120-150. <ref>Silver M. Placental progestagens in the sheep and horse and the changes leading to parturition. Exp Clin Endocrinol. 1994;102(3):203-11. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/7995342]</ref>
176.443

edicións