Arsenio Fernández de Mesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.33.2.113 (conversa); cambiado á última versión feita por Xas
Liña 2:
 
==Traxectoria==
FoiSen estudos, foi funcionario do Estado como asistente de xardinería, foi delegado e inspector de pinturas para barcos no Departamento Marítimo de International Marine Coatings. Comeza a súa carreira política como concelleiro de Ferrol (1983-1991), foi tenente de alcalde de Ferrol (1987-1989). Nas [[Eleccións Xerais 1989 en España|Eleccións Xerais de 1989]] foi elixido deputado no [[Congreso dos Deputados]] pola [[provincia da Coruña]] (1989-2000). Foi delegado do goberno en Galicia (2000-2008) e durante a catástrofe do [[Prestige]] (2002) a súa actuación foi moi criticada pola oposición, [[Nunca Máis]] e ecoloxistas. Nas [[Eleccións Xerais 2008 en España|Eleccións Xerais de 2008]] volve a ser reelixido deputado pola [[provincia da Coruña]], e tamén nas de [[Eleccións Xerais 2011 en España|2011]].
 
En decembro dese mesmo ano foi designado director xeral da [[Garda Civil]] por [[Mariano Rajoy]], en substitución de [[Francisco Velázquez]], que ata daquela compartía a responsabilidade sobre a [[Policía Nacional de España|Policía]] e a [[Garda Civil]].