Androstenediona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
 
=== Efectos biolóxicos ===
Un estudo indicou que a androstenediona incrementa os niveis séricos de [[testosterona]] durante un período de oito horas en homes cunha dose de 300&nbsp;mg por día, pero unha dose de 100&nbsp;mg non ten efectos significativos nos niveis de testosterona. Porén, os niveis de [[estradiol]] aumentaron despois de administrar doses de 100&nbsp;mg ou de 300&nbsp;mg. O estudo tamén informou que os niveis séricos de estróxenos e testosterona produciron efectos moi distintos entre individuos. <ref>Leder, B., Longcope, C., Catlin, D., Ahrens, B. Shoenfeld, D., and Finkelstein, J.: "Oral Androstenedione Administration and Serum Testosterone Concentrations in Young Men", ''JAMA'', 283(6):779-782</ref> UnUnha documentorevisión de 2006 resumiu varios estudos que examinaron os efectos da androstenediona no [[adestramento de forza]]. A doses entre 50&nbsp;mg e 100&nbsp;mg por día, o andro non tivo efectos na forza nin no tamaño muscular, ou nos niveis de graxa corporal. Outro estudo utilizou unha dose diaria de 300&nbsp;mg de androstenediona combinado con varios outros suplementos, e tamén encontrou que non había un incremento na forza muscular comparado cun grupo control que non tomou os suplementos. Os autores do estudo especularon que niveis suficientemente altos poden levar a un incremento no tamaño e forza muscular. Porén, debido á prohibición federal dos suplementos con androstenediona, é difícil levar a cabo novas investigacións sobre os seus efectos positivos e negativos. Os autores do estudo tamén concluíron que a xente non debería usar suplementos con androstenediona debido á falta de evidencia de efectos beneficiosos, e pola ampla variación na resposta individual ao suplemento, e o risco de efectos secundarios descoñecidos. <ref> Brown, G., Vukovich, M., and King, D.:"Testosterone Prohormone Supplements", ''Medicine and Science in Sports and Exercise'', 38(8):1451-1461.</ref>
 
Como a androstenediona é en parte convertida en [[estróxeno]]s, as persoas que tomen este suplemento poden ter efectos secundarios estroxénicos, aínda que ningún dos estudos citados no parágrafo anterior usaron doses suficientemente altas para tiraren conclusións.