Androstenediona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
A androstenediona é o precursor común das hormonas sexuais masculinas e femininas. Tamén se segrega como tal ao sangue unha certa cantidade de androstenediona, e pode ser convertida en testosterona ou estróxeno nos tecidos periféricos.
 
A androstenediona pode ser sintetizada de dúas maneiras. A vía principal implica a conversión da [[17-hidroxipregnenolona]] en [[deshidroepiandrosterona]] por acción da [[CYP17A1|17,20-liase]], coa posterior conversión da deshidroepiandrosterona en androstenediona catalizada polo encima [[3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase]]. A vía secundaria implica a conversion da [[17-hidroxiproxesterona]], que xeralmente é precursora do [[cortisol]], a androstenediona directamente pola acción da [[CYP17A1|17,20-liase]]. Por tanto, a 17,20-liase é requirida sempre para a síntese da androstenediona, independentemente da forma en que se sintetice.
 
A androstenediona é convertida en [[testosterona]] ou [[estróxeno]]. A conversión da androstenediona en testosterona require o [[encima]] [[17 beta hidroxiesteroide deshidroxenase]], entanto que a conversión da androstenediona en estróxeno (por exemplo, na [[estrona]] ou [[estradiol]]) require o encima [[aromatase]].