Wikipedia:Conflito de intereses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Editores en conflito de intereses: completo as seccións restantes; axuda parcial de en.wp
Liña 79:
 
;Fotografías e outros ficheiros multimedia
Así como a adición de contidos nos termos expresados anteriormente non está permitida, agradecemos a carga de todo tipo de ficheiros multimedia, xa sexan fotografías, ilustracións, sons ou vídeos. A Galipedia ten un [[Especial:Cargar|sistema de cargas local]], pero tamén está dispoñible a [[commons:Portada galega|Wikimedia Commons]], o repositorio global e común a todos os proxectos. A vantaxe deste último reside en que é posible empregar o ficheiro cargado en calquera dos proxectos da Fundación Wikimedia, mentres que o sistema local unicamente permite utilizar o recurso neste proxecto.
 
Unha vez cargado o ficheiro, pódese incorporar aos artigos da Wikipedia onde cumpra. Non obstante, non se poden substituír sen motivo as imaxes que ilustran un artigo polas propias se as primeiras son dunha calidade e idoneidade similar. A mellor opción é informar na conversa sobre a dispoñibilidade dos ficheiros para consensuar o seu cambio, se así se decidise.
 
===Declaración dos intereses===
Algúns editores declaran un interese nunha área do saber en particular. Isto pódeno facer de varios xeitos. Moitos usuarios fan uso das súas páxinas de usuario. Tamén existe a posibilidade de expresalo nunha páxina de conversa.
{{Enuso}}
 
O primeiro beneficio que reporta declarar os intereses é a [[Wikipedia:Asuma a boa fe|presunción da boa fe]]: os demais editores apreciarán a honestidade e intentarán axudar no que poidan. Deste modo, a comunidade pode aconsellar e revisar os materiais antes de publicalos nos artigos.
 
Pola contra, realizar edicións sen avisar do conflito de intereses pode resultar no incumprimento do [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]] e a reversión destas edicións. Ademais, aínda que os outros usuarios non poden revelar a identidade real doutras persoas, é posible chegar a concluír este dato e entrar [[Wikipedia:Xogar co sistema|noutros problemas]].
 
Malia isto, tamén existen motivos para non declarar un interese. Por exemplo, se isto pode poñelo en perigo no mundo real ou se pode levar á revelación do seu nome real. Nestes casos, o mellor é manterse á marxe no wiki. Unha boa solución sería poñerse en contacto cun dos [[Wikipedia:Administradores|administradores]] mediante o correo electrónico, para acordar o que facer e garantir o anonimato na medida do posible.
 
===Solicitudes de modificacións===