Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 15:
'''Vilamaior de Caldelas''', antigamente coñecida por Vilamaior a secas, consta de cinco aldeas, por orde de habitantes, e de maior a menor: a propia Vilamaior, Os Casares, Casfiel, Villardoleiros e O Carballo. Esta última non ten moradores desde hai xa varios anos. Se ordenamos pola extensión dos núcleos de construcións, tamén de maior a menor: Vilamaior, Casfiel, Os Casares, Villadoleiros e O Carballo. As parroquias colindantes son [[O Burgo, Castro Caldelas|O Burgo]], [[Sas de Penelas, Castro Caldelas|Sas de Penelas]] e [[Castrelo, San Xoán de Río|Castrelo]] (xa pertencente ao concello de [[San Xoán de Río]]).
 
Por estrada, dista a uns 6 km da capital do Concello ([[Castro Caldelas]]), a 52 km de [[Ourense]], a uns 485 de [[Madrid]], a 3 de Sas de Penelas, a 16 de Póboa de Trives, a 32 da [[Estación de montaña Manzaneda|estación invernal de [[Cabeza de Manzaneda]] (por un camiño con trazado directo, habería uns oito km; a pé, polo monte, facendo sendeirismo, poderíase ampliar a dez).
 
===Xeografía física===
Liña 23:
 
===Demografía===
A principio do século XX estaba moito mais poboada a parroquia (aproximadamente uns 400 veciños), mais agora (datos de marzo de 2007) quedan como residentes fixos uns vinte e cinco en Vilamaior, catro en Casfiel, tres en Villardoleiros, e nos Casares catro. A parroquia foise despoboando paulatinamente, á parte de pestes e guerras, a emigración as “Américas” no primeiro terzo do século pasado, logo as “suízas” no segundo terzo, ademais de marchar a outras cidades con posibilidades de traballo ou de negocio, pouco a pouco foron minguando os veciños. Como dato curioso e relacionado, debemos sinalar que, por exemplo, en Vilamaior só hai un pequeno que está indo á escola; na totalidade da parroquia parece que só suman dúas unidades. Pola década 1960-1970, estando a escola en Casfiel (agora todos os rapaces do Concello van á mesma escola, a da “capital” do Concello) alcanzáronse uns trinta rapaces na escola, e había unha clase con un só mestre ou mestra para todos os cursos.
 
==Economía==