Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mocidade: arranxiño
Liña 63:
== A grande ofensiva cordobesa ==
[[Ficheiro:Cordoba mihrab.jpg|thumbnail|left|Aspecto actual do Mihrab, construído inicialmente por Abderramán I e embelecido polos posteriores emires e califas cordobeses.]]
Logo da perda da estratéxica Zaragoza, é fácil comprender a airadairada reacción do envanecido Abderramán III, tantas veces humillado e castigado por un rei tan hostil como escaso en recursos. Tras cercar e conquistar Calataiud, Abderramán conquistou un tras outro todos os castelos da zona. Ao chegar ás portas de Zaragoza, Abu Yahya capitulou, acción que o califa aproveitou para empregalo nunha ofensiva contra Navarra que concluíu na capitulación da raíña Toda, que se declarou vasala do califa.
 
O califa omíada concibiu entón un proxecto xigantesco para acabar dunha vez por todas co reino leonés, ao que denominou ''gazat al-kudra'' ou ''campaña do supremo poder''. O omíada reuniu a máis de cen mil homes alentados pola chamada á [[jihad]]. Desde a saída de Córdoba dispúxose que todos os días se entóase na mesquita maior a ''oración da campaña'', non con sentido deprecatorio, senón como anticipado agradecemento do que non podía menos de ser un éxito incontrovertíbel.