Stock Aitken Waterman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pl:Stock Aitken Waterman
m House (música)
Liña 1:
'''Stock Aitken Waterman''' foron un importante trío británico de produtores de música [[pop]] e [[dance]] de mediados dos anos oitenta ata principios dos noventa formado por [[Mike Stock]], [[Matt Aitken]] e [[Pete Waterman]]. Nos paises de fala inglesa tamén son coñecidos polo acrónimo '''SAW'''. De entre a gran lista de artistas producidos por eles podemos salientar como exemplo a [[Kylie Minogue]], [[Bananarama]], [[Rick Astley]], [[Samantha Fox]] e [[Jason Donovan]].
 
Aparecidos a finais do 1984 foron un dos equipos de produción máis prolíficos e de meirande repercusión no panorama comercial da década dos oitenta. Agrupados baixo a compañía ''Pete Waterman Limited'' ([[PWL]]) abandeiraron ó longo dun importante período de tempo o estilo nomeado [[Hi–NRG]] (léxase ''high energy''), adoptando elementos do [[synth–pop]] e do [[dance]] electrónico ata converxeren nun son totalmente propio e doado de recoñecer. Na súa época máis tardía fíxose notoria a influencia do [[House (música) |house]] e do [[eurobeat]] nas súas composicións, aínda que sen caeren plenamente neles e sen perde–la súa propia base.
 
O éxito sen precedentes de Stock, Aitken e Waterman debeuse a unha calculada e esmerada liña de produción, dende a captación de novos artistas, pasando pola fase de composición e arranxos, a pulcritude no proceso de gravación e mestura e finalmente a campaña de lanzamento. Ao marxe das críticas cara o círculo mainstream cabe facer fincapé en que gran parte do éxito obtido fundaméntase na consecución dun estilo moi persoal que tivo unha masiva acollida principalmente en [[Europa]] e paises da [[Commonwealth]].
 
De raíz eminentemente tecnolóxica e bailable, a súa música apóiase no recoñecemento de certos patróns e clixés aínda que sen caer nunha tesitura forzosamente simple e/ou obvia. A efectos de harmonía son relevantes, por exemplo, as rodas de acordes, habitualmente complexas e cheas de tensións, e a súa evolución ó longo das composicións, a salientar os cambios pouco convencionais de intervalo tonal nas transicións e enlazadas dentro da súa estrutura (sobretodo entre o retrouso e a estrofa e entre o retrouso e a ponte), así coma o xeito de resolve–las pontes. Nas liñas de baixo atopamos dous patróns claramente diferenciados: por unha banda os de motivo [[funk]] e por outra os de tipo ''sequenced–bass'' máis propios do [[synth–pop]] e en ocasións moi preto do [[techno]]. Outro dos puntos fortes é a grande orquestración nas composicións (seccións de corda e metal) e a masiva aplicación de arranxos e ornamentación harmónica. En canto ó ritmo, baséase en patróns disco aínda que con movemento sincopado, situándoo moitas veces preto do [[funk]] e do [[House (música) |house]] da primeira época, en especial cando empregan percusión de [[caixa de ritmos]] analóxica. En liñas xerais o color do son é brillante, cheo de ''reverbs'' amplias e ''delays'' sincrónicos.