Ácido beta-hidroxibutírico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O '''ácido β-hidroxibutírico''' (tamén chamado '''ácido 3-hidroxibutírico''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=441 3-hydroxybutyric acid]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/428 β-Hydroxybutyric acid]</ref> <ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=20067 3-hydroxybutyric acid]</ref> ou, cando está ionizado, '''β-hidroxibutirato''') é un hidroxiácido que se considera un [[corpo cetónico]]. É un composto [[quiral]] que ten dous [[enantiómero]]s, o ácido <small>D</small>-3-hidroxibutírico e o ácido <small>L</small>-3-hidroxibutírico. Ao pH celular normal está ionizado en forma de β-hidroxibutirato. Desde un punto de vista metabólico e fisiolóxico considérase un corpo cetónico, xunto coa [[acetona]] e o [[acetoacetato]], pero, en realidade, desde un punto de vista químico non contén ningún grupo [[cetona]], xa que é un hidroxiácido. Igual que ocorre cos outros corpos cetónicos, o β-hidroxibutirato tamén aumenta a súa concentración no corpo durante a [[cetose]].
 
Nos humanos, o β-hidroxibutirato sintetízase no [[fígado]] a partir do [[acetil-CoA]]. Primeiro o acetil-CoA trnsfórmase en tres pasos encimáticos en [[acetoacetato]] libre, que é logo reducido a D-β-hidroxibutirato polo [[encima]] [[3-hidroxibutirato deshidroxenase|β-hidroxibutirato deshidroxenase]], que é unhaun encima da membrana mitocondrial interna ligadaligado ao [[NAD|NAD<sup>+</sup>]]. O β-hidroxibutirato pode utilizarse como unha fonte de enerxía para o [[cerebro]] cando os niveis de [[glicosa]] sanguíneos son baixos. <ref>{{cite journal|author=O. E. Owen et al.|title=Brain Metabolism during Fasting|journal=The Journal of Clinical Investigation|volume=46|issue=10|year=1967|pages=1589–1595|pmid=6061736|doi=10.1172/JCI105650|pmc=292907}}</ref>. O acetoacetato e o β-hidroxibutirato son transportados polo sangue aos tecidos periféricos, onde poden ser oxidados.
<center>[[Ficheiro:Acetoacetate to beta-hydroxybutyrate.svg|450px|Redución do acetoacetato a β-hidroxibutirato.]]</center>