Medias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: be-x-old:Панчохі
m →‎Historia: Pé (anatomía)
Liña 10:
== Historia ==
 
O seu nome completo sería o de '''medias calzas''' pois as antigas [[calzas]] cubrían desde a [[cintura]] ata os [[Pé (anatomía)|pé]]s, e as medias soamente a metade que as calzas.
 
A mesma raíz '''calc-''' está presente en ''calceus'', nome [[lingua latina|latino]] da peza de vestir que se axustaba ao pé e que, dado que os romanos non usaban calcetíns, era o [[zapato]]; este é a orixe de palabras tan frecuentes como calzado, calzar, calzador e descalzar. Cando os romanos adoptaron dos pobos xermánicos o uso das medias, denomináronas cun derivado de calceus: calcea (calzas). Durante a [[Idade Media]], as calzas fóronse levando cada vez máis longas, ata cubrir desde os pés ata a cintura. No século [[século XVI]] esta peza dividiuse en dúas partes, a superior, que cubría o [[abdome]] e parte das coxas, recibiu en galego o nome de calzas ou [[calzón]]s. A parte inferior chamouse calcetas ou medias calzas. As calcetas foron reducindo o seu tamaño ata os actuais calcetíns, que apenas chegan ao papo; as medias calzas, en cambio, abreviado xa o seu nome a medias e restrinxido o seu uso ao sexo feminino, seguen cubrindo por encima do [[xeonllo]].