Francisco Javier Elola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desambig/
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Elola estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi pasante no despacho de [[Francesc Pi i Margall]] en Madrid en 1901. Aprobou as oposición á carreira fiscal e xudicial en 1905 exercendo en Galicia, [[Asturias]], [[Cataluña]] e [[provincia de León|León]], e o 4 de decembro de 1923, logo da proclamación da [[Ditadura de Primo de Rivera]], entrou como vocal na Xunta Organizadora do Poder Xudicial. En 1924 nomeárono xuíz do distrito de [[Chamberí]] e en representou a España nos Congresos Penais Internacionais de [[París]], [[Bruxelas]] (1926) e [[Budapest]] (1929).
 
Co cambio de réxime o goberno nomeouno Fiscal Xeral da República o [[31 de maio]] de [[1931]] cesando o 31 de xullo ao entrar no Tribunal Supremo como novo maxistrado. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] accedeu ao Parlamento como deputado pola [[provincia de Lugo]] nas listas do [[Partido Republicano Radical]], participando nas discusións sobre a organización do poder xudicial en España mesmo enfrontándose co seu partido o que levaría a abandonalo e a non presentarse ás eleccións de 1933, continuando como maxistrado do Tribunal Supremo. En plena [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], o [[26 de agosto]] de [[1936]] foi nomeado presidente da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do [[Tribunal Supremo de España]], e o [[16 de setembro]] xuíz especial instrutor da causa pola insurrección en todos os cuarteis e cantóns militares da capital de España, gardou as formalidades legais, admitíndolle ao xeneral [[Joaquín Fanjul Goñi]] as probas que presentara, razón pola cal foi apartado da instrución. O 27 de agosto de 1937 accedeu á presidencia da Xunta de Inspección dos Tribunais de Madrid e en outubro de 1937 trasladouse a Cataluña, onde en xuño de 1938 defendeu os funcionarios dos xulgados de Barcelona acusados de [[quintacolumnismo]].