Diferenzas entre revisións de «Lingua bengalí»

m
m (→‎A literatura en bengalí: Corrixo un nome)
Coñecido por moitos como o Shakespeare da India, posibelmente o maior e máis prolífico escritor en bengalí é o [[Premio Nobel]] [[Rabindranath Tagore]]. Influído fundamentalmente pola filosofía universalista hindú no [[Upanishad]]s, Tagore dominou durante décadas a escena filosófica e literaria tanto bengalí como india. A súas 2.000 ''Rabindrasangeets'' teñen un papel importantísimo na definición da cultura bengalí, tanto en Bengala Occidental canto en Bangladesh. Outros traballos notábeis del en bengalí son ''Gitanjali'', un libro de poemas polo cal agraciouse co Premio Nobel de Literatura, e moitos dos seus contos e algúns romances.
 
En unha categoría similar está [[KazKazi Nazrul Islam]], musulmán que permaneceu en Bangladesh despois da independencia e cuxo traballo, como o de Tagore, transcende limites sectarios.
 
[[Michael Madhusudan Dutta]] converteuse ao cristianismo, mais fíxose famoso polo seu traballo baseado no épico hindú [[Ramayana]], creando unha obra-prima coñecida como "O asasinato de Meghnadh," (en bengalí "''Meghnadh Bodh Kabbo''" (মেঘনাদ বধ কাব্য)) que esencialmente segue a tradición épica poética de ''O Paraíso Perdido'' de [[Milton]].
1.239

edicións