Lingua bengalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: kv:Бенгал кыв
Vilachan (conversa | contribucións)
Liña 34:
Entre [[1950]]-[[1952|52]], a clase media emerxente de [[Bangladesh|Bengala Oriental]] levou a cabo un levantamento, coñecido máis tarde como o "Movemento da Lingua", sendo o día 21 de febreiro celebrado como o [[Dia dos Mártires da Lingua]], en memoria dos estudantes e activistas que (no día [[21 de febreiro]], [[1952]]) se manifestaron desafiando os disparos dos militares, reivindicando que a lingua bengalí fose a lingua nacional ancestral do Paquistán. O bengalí é así, indiscutibelmente, unha das poucas linguas pola cal os seus falantes sacrificaron as súas vidas.
 
A [[UNESCO]] decidiu celebrar no [[21 de febreiro]] o [[Dia Internacional da Lingua-Nai Materna]]. A Conferencia Xeral da UNESCO tomou decisión para ese efecto o [[17 de novembro]] de [[1999]] cando unanimemente adoptou o deseño dunha resolución sometida por Bangladesh, co-patrocinada e apoiada por 28 outros países.
 
O dia [[19 de maio]] de [[1961]], [[Silchar]], pequena cidade do sur de [[Asam]], no nordeste da India, testemuñou tamén outra batalla pola lingua bengalí. Once persoas morreron por disparos da policía na protesta contra a imposición forzada do asamés aos nativos da lingua bengalí, como política do estado. O goberno tivo que retroceder.