Diferenzas entre revisións de «Historia de Lugo»

m
En [[1340]], [[Afonso XI]], confírmalle ao bispo o privilexio de señorío sobre a cidade de Lugo mandándolle aos veciños retornarenlle as chaves e o señorío da vila que tiñan tomado durante o tempo que o bispo permanecera en Portugal.
 
En [[1349]], [[Clemente VI]], nomea bispo ao prior do convento dos Dominicos de Lugo e confesor de [[Pedro I]], [[Pedro López de Aguiar]], oriundo da Casa e Torre de Aguiar en [[Taboi, Outeiro de Rei|Taboi]].
 
En [[1351]], Pedro López de Aguiar, comprobando que na vila non se nomearan alcaldes para gobernar e facer xustiza, designa a Diego Álvarez e a Lopo Alfonso para os oficios e alcaldías que estaban vacantes, recibindo a homenaxe dos veciños da cidade. En [[1995]], Pedro I, envía a catro emisarios para garda da terra e para atallar os desmandos e destruccións que levaban a cabo os condes don Enrique e don Fernando de Castro, en rebeldía contra o rei nas terras de Galiza.
1.931

edicións