Diferenzas entre revisións de «Historia de Lugo»

En [[1312]] os habitantes de Lugo subleváronse contra o bispo, [[Xoán Hernández]] (relixoso dominico e confesor de Fernando IV, que estivo no cargo dende 1307 ata o seu pasamento en 1318), xa que este intentara recobrar o señorío da cidade. Por elo, os habitantes atacaron o pazo episcopal, capturaron á súa guarnición e feriron ao bispo, quen se negou a entregarlles a bandeira e as chaves da cidade e foi expulsado da cidade. O pleito foi levado ante Fernando IV, quen o 23 de xuño de 1312 sentenciou en favor do bispo e en contra do concello de Lugo. Ademais, o rei ordeou ao infante Filipe, que seguía a ser [[Pertigueiro Maior de Santiago]] e [[Comendeiro da Cidade de Lugo]] e a [[Afonso Suárez de Deza]], Adiantado Maior de Galiza, que fixeran cumprir o veredicto que emitira aos habitantes de Lugo.
 
Antes de que pasaran tres meses da sentencia morreu Fernando IV e a monarquía veuse envolta nas turbulencias que provocou a minoría de idade de [[Afonso XI]]. O Concello retomou o pleito e, o infante Filipe, lonxe de cumprir a sentencia que dictara Fernando IV, tomou o señorío da cidade ofrecido polo Concello chegando a construir unha fortaleza con dúas torres para a defensa deste. O bispo buscou a alianza de don Alonso, fillo do [[Xoán Afonso de Borgoña|infante Xoán]] e, para atraelo á súa causa, entregoulle en [[1315]] a encomenda das terras do Couto de Lugo e de Pallares. Nin a confirmación feita polos infantes titores do monarca e os nobres e letrados reunidos nas Cortes de Burgos en [[1315]], nin a carta que a raíña dona [[María de Molina]] dirixiu un ano despois ao infante instándolle a cumprir e facer cumprir a sentencia anterior, nin o breve expedido por [[Xoán XII]] a instancias do bispo [[Rodrigo Ibáñez]] (que exerceu dende 1319 ata 1327 que foi nomeado [[Diocese de Tui|bispo de Tui]]), foron de abondo para restituir ao bispo no señorío da cidade ata que cesou o turbulento estado do reino coa maioría de idade de Afonso XI e o infante Filipe entregou o 12 de marzo de [[1327]] por escritura pública a fortaleza ao bispo [[Xoán Martínez]].
 
En [[1327]], Xoán Martínez, que exerceu de bispo entre [[1326]] e [[1349]]) outorga o cargo de comendeiro da cidade a [[Pedro Fernández de Castro]].
Usuario anónimo