Maruja Pino Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎Actividade cultural: Radio (medio de comunicación)
Liña 11:
Interesáballe a [[poesía]], xénero que escribía dende os catorce anos, a investigación e a [[historia]], temas sobre os que publicou varios artigos en revistas e libros. A súa obra figura na ''Antoloxía'' ([[1988]]) de [[Elisa Vazquez de Guey]], ''Mulleres salientadas de Galicia'' ([[1990]]), e no libro de [[Xesús López Fernández]] ''Poemas á Nai'', que ao longo de mil páxinas recolle poemas compostos á figura da nai por autores galegos, tanto residentes no país como na diáspora.
 
Foi convidada a diversos [[Xogos Florais]] e colaborou en temas relacionados coa historia e a literatura na [[Radio (medio de comunicación)|radio]] e [[televisión]] locais así coma nos xornais ''[[Pobo Galego]]'' (hoxe desaparecido), ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[Lonxe da Terriña]]'', ''[[A Peneira]]'' e ''Alandar'', de Madrid.
 
A súa poesía ''O Condado'' foi musicada por Miguel Groba, director da Orquestra de Cámara e Coro da [[Comunidade de Madrid]], sendo estreada en [[Salamanca]], [[Madrid]] e [[Ponteareas]].