Diferenzas entre revisións de «Natación»

m
→‎Historia: Homónimos
m (→‎Historia: Homónimos)
Dende épocas primitivas, o ser humano tivo que adaptarse ó medio que o rodea, e un deles é o acuático. Se temos en conta que a superficie do planeta [[Terra]] está formada nas súas tres cuartas partes de auga, poderemos comprender a importancia e a necesidade do home de adaptarse a este medio.
 
A natación coñécese dende a [[Prehistoria|época prehistórica]], como o demostran debuxos da [[Idade de Pedra]] na Caverna do Nadador, preto de '''Wadi Sora''' (ou Sura), na parte suroeste de [[Exipto]]. As referencias escritas datan dende o ano 2000 a. C., incluído ''[[Gilgamesh]]'', ''[[A Ilíada]]'', a [[Biblia]] (Ezequiel 47:5, Actos 27:42, Isaías 25:11), ''[[Beowulf (poema)|Beowulf]]'', e outras sagas.
 
En 1538, Nicolas Wynman, profesor alemán de idiomas, escribiu o primeiro libro sobre a natación, titulado: ''Colymbetes''.
===Idade Moderna===
[[Ficheiro:Mosul-swimming.jpg|thumb|left|Piscina en Mosul, [[Iraq]].]]
A natación competitiva en Europa empezou ó redor do ano 1800, principalmente usando o estilo de braza. O estilo crol (do inglés ''crawl''), entón chamado ''trudgen'', foi introducido en 1873 por John Arturh Trudgen, que o copiou dos [[indioAmerindio|indios]]s nativos de América.
 
A natación pasou a ser parte dos primeros [[Xogos Olímpicos]] modernos de 1896 en Atenas. En 1902, o "estilo trudgen" foi mellorado por Richard Cavill, usando a patada continua. En 1908, creouse a Asociación Mundial de Natación (a '''FINA: Federation Internationale de Natation Amateur''').
9.970

edicións