Conversa:Lleida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Lleida, xentilicio ilerdense
Sen resumo de edición
Liña 3:
Estades seguros de que o nome desta localidade é correcto en galego? Non sei se hai na Galipedia algunha norma xa con respecto a isto, pero considero lóxico que utilicemos en galego o noso propio léxico, independentemente de cal sexa alí o seu topónimo oficial. Os topónimos adaptados pertencen ao léxico do noso idioma. É bastante rechamante ver unha palabra que comece por elle no noso galego. Ata onde eu sei o galego non palataliza o ele latino en posición inicial. Como podemos, entón, ter unha palabra coma Lleida? Por poñer un paralelismo, o nome que recibe esta cidade na pt.wiki é '''Lérida.''' Non sería esta a versión máis correcta? Os cataláns non teñen ningún tipo de pudor en utilizaren La Corunya na súa Wikipedia. Rechamante tamén é o xentilicio: lleidatà? Iso non é unha palabra galega. Non sei que opinaredes, pero eu propoño cambialo por Lérida. É só unha suxestión :) --[[Usuario:Cabaleiro de Espadas|Cabaleiro de Espadas]] ([[Conversa usuario:Cabaleiro de Espadas|conversa]]) 15:17, 7 de marzo de 2012 (UTC)
:En [http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf ''Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Toponimia''] da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo na páxina 103 recolle Lleida. No ''Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega'' de Begnino Fernández Salgado na páxina 1.294 recolle Lleida e como xentilicio ilerdense. No [http://www.realacademiagalega.org/volga/ VOLGA] na procura de ilerdense sae como nota Lleida. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 15:32, 7 de marzo de 2012 (UTC)
::De acordo. Mireino agora mesmo no Volga. Non coñecía tampouco a ligazón que me deches. Está moi ben. Xa vin que tamén corrixiches o xentilicio. Grazas pola resposta.--[[Usuario:Cabaleiro de Espadas|Cabaleiro de Espadas]] ([[Conversa usuario:Cabaleiro de Espadas|conversa]]) 18:03, 7 de marzo de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Lleida".