Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 50:
No civil, cabe destacar as singulares obras para asegurar o abastecemento de auga a cidade, un punto no que o promontorio onde se asenta é desvantaxoso. Xa nos tempos do emperador [[Valente]] ([[368]]) rematouse un acueduto que inda continúa en pé. Xustiniano mandou construír a Basílica Cisterna e a Cisterna de Filoxeno, obras subterráneas en bóveda de ladrillo realmente asombrosas.
 
Dende o [[século V]] no que Teodosio II erixiu unha [[castelo (fortificación)|fortaleza]], houbo un suburbio na beira oposta do Corno de Ouro: [[Gálata, Istambul|Gálata]] ou Pera. E dende o [[século XIII]] foi lugar de asentamento de comerciantes xenoveses e no [[1348]] foi erguida a [[Torre de Gálata]] na súa muralla defensiva.
 
En conxunto, un organismo urbano que permanecería no esencial intacto case que mil anos.