Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

m ("A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di])
Arrodeada dunha muralla dun quilómetro, viña a coincidir en extensión aproximadamente coa do actual [[Pazo de Topkapi]]. Dominando a cidade, a tradicional acrópole cos templos, sendo [[Hera]] a deusa tutelar, e abaixo o porto, na recollida entrada do Corno de Ouro.
 
O enclave convertiuse pronto nun posto comercial estratéxico e por iso ambicionado por calquera que fose a potencia dominante da rexión durante os seguintes seis séculos: [[Persia|persas]], [[Atenas|atenienses]], [[Esparta|espartanos]], xonios, [[Macedonia|macedonios]], [[gálatas]] e [[Tracia|tracios]] disputáronse a súa vasalaxe.
 
Os [[Roma antiga|romanos]] fixérona cidade do seu imperio a partir do [[-100|100 aC]] e volveu a florecer no tempo dos [[antoninos]] ([[século II|século II d.C.]]). Porén, no ano [[196]] a cidade coas súas murallas foi destruída por [[Septimio Severo]] en represalia por dar refuxio aos partidarios do seu rival.
12.497

edicións