Diferenzas entre revisións de «Xoán VI Cantacuzeno»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sv:Johannes VI Cantacuzenos)
En [[1347]] fixo a súa entrada triunfal en Constantinopla, e obrigou aos seus opoñentes a asinar un acordo polo cal se convertía en co-emperador con Xoán V, e único administrador durante a minoría. Tamén logrou que o seu propio fillo [[Mateu Cantacuzeno]] fose co-emperador.
 
Nesta época, o Imperio, xa entón dividido e reducido á súa mínima expresión, era atacado por todas partes. Houbo guerras cos [[Xénova|xenoveses]], que mantiñan unha colonia en [[GálataGalatia]] e controlaban as transaccións monetarias coa corte. Guerra tamén cos serbios, que expandían o seu propio imperio nas fronteiras noroccidentais de Bizancio. E ademais produciuse a perigosa alianza cos turcos, que tomaron as primeira cidade en Europa ([[Galípolis]] en [[Tracia]]) cara ao final do seu reinado.
 
Cantacuzeno recorreu con demasiada facilidade á axuda estranxeira para liquidar os seus problemas internos, e como a miúdo non tiña diñeiro para pagarlles, estes tomaban cidades do Imperio como pago. As cargas fiscais que impuxo resultaron excesivas para os seus súbditos, de modo que se reforzou o partido favorábel a Xoán Paleólogo. Finalmente, cando este último entrou en Constantinopla a finais de 1354, a súa vitoria foi doada.
13.407

edicións