Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
#A nova secuencia de ADN creada no punto 1 introdúcese agora nas células nais do punto 2 por [[electroporación]] (pequenas descargas eléctricas que favorecen a permeabilidade das membranas). O proceso natural da [[recombinación xenética]] de homólogos consiste neste caso en que algunhas das células nais electroporadas incorporan aos seus [[cromosoma]]s a nova secuencia de ADN co xene anulado (knocked-out) en lugar do xene orixinal. As probabilidades de éxito nesta recombinación son relativamente baixas, polo que a maioría das células alteradas terán a nova secuencia en só un dos dous cromosomas homólogos onde está o xene en cuestión, polo que estará en [[heterocigoto|heterocigose]].
#As células nais que incorporaron o xene "noqueado" (knocked-out) son separadas das células que quedaron inalteradas utilizando o xene marcador do paso 1. Por exemplo, poden matarse as células inalteradas utilizando un axente tóxico ao cal as células alteradas son resistentes porque o xene marcador lles dá resistencia a el.
#As células nais que si sufriron o knockout do punto 4 insírense nun blastocisto de rato. No noso exemplo utilizaremos blastocistos de rato gris. Os blastocistos conteñen agora dous tipos de células nais: as orixinais do rato gris, e as células co xene knocked-outanulado por knockout do rato branco. Estes blastocistos implántanse no [[útero]] dunha femia de rato, onde se desenvolverán ata o nacemento. Os ratos recén nados serán, por tanto, [[quimera (xenética)|quimera]]s, xa que parte das súas células teñen unha procedencia (as células nais orixinais) e outras outra (as células nais "noqueadas" ou knocked-out). A pel dos ratiños terá manchas brancas e grises, as brancas derivadas das células nais "noqueadas" e as grises das células nais orixinais do blastocisto receptor.
#Algunhas das quimeras recén nadas terán gónadas derivadas de células nais "noqueadas" (knocked-out), e producirán [[óvulo]]s e [[espermatozoide]]s que conteñen o xene knocked-out. Cando estes ratos quimera sexan cruzados con outros do tipo salvaxe, algúns dos seus descendentes levarán unha copia do xene "noqueado" (knocked-out) en todas as súas células. Estes ratos serán totalmente brancos e non son quimeras, aínda que son heterocigotos.
#Cando esta descendencia heterocigota é cruzada entre si, parte dos seus descencdentes herdará o gene "noqueado" (knocked-out) de ambos os seus proxenitores, polo que será [[homocigoto]] para ese [[alelo]] e xa non levará ningunha copia do xene orixinal.