Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
[[Ficheiro:Knockout mouse breeding scheme.svg|thumb|right|300px|Esquema dos cruzamentos necesarios para producir un rato knockout. Os blastocistos previamente preparados conteñen tanto células salvaxes coma knockout, e son implantados no útero dunha nai subrogada que realizará a xestación. Isto produce descendencia tanto de tipo salvaxe (gris) coma quimeras (mesturada) e parcialmente "noqueada" knocked-out. Os ratos quimeras crúzanse con ratos salvaxes normais (grises). Isto produce descendencia branca heterocigota para o xene "noqueado" (knocked-out) coma gris e de tipo salvaxe. O rato heterocigoto branco pode despois ser cruzado con outros iguais ata obter un rato homocigoto para o xene "noqueado" (knocked-out).]]
 
No procedemento para obter ratos knockout hai varias variaciónsvariantes. AO seguinte é un exemplo típico:
 
#O xene que se quere anular mediante o knockout íllase dunha [[libraría de xenes]] de rato. Despois, créase por enxeñaría xenética unha nova secuencia de ADN moi similar á do xene orixinal que se quere anular e á súa secuencia veciña, pero á que se lle fan os suficientes cambios para facer ese xene inoperativo. Normalmente, á nova secuencia se lle engade un [[xene marcador]], un xene que os ratos normais non teñen e que lle confire resistencia a algún determinado axente tóxico ou que produce un cambio observable (por exemplo, cor ou fluorescencia).