Diferenzas entre revisións de «Lingua oficial»

catalán > lingua catalá
(portugués > lingua portuguesa)
(catalán > lingua catalá)
Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de [[Portugal]], do [[Brasil]] e dos [[PALOP]]s, outros teñen máis dunha, casos de [[Timor-Leste]], país no que son oficiais o [[lingua portuguesa|portugués]] e o [[tetum]], ou, fora do espazo lusófono, de países como a [[Bélxica]], [[Suíza]], [[África do Sur]] ou [[Paraguai]], entre outros.
 
Algúns países atribúen aínda estatuto de lingua oficial a certas linguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas co-oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do país. É o caso, en [[España]], do [[Lingua galega|galego]] (na [[Galiza]]), do [[lingua éuscara|éuscaro]] (en [[Euskadi]] e en [[Navarra]]) e do [[lingua catalá|catalán]] (na [[Cataluña]], [[Baleares]] e [[Comunidade Valenciana]]), é o caso do [[Lingua portuguesa|portugués]] e do [[Lingua inglesa|inglés]] na [[República Popular da China]], co-oficiais, respectivamente, en [[Macau]] e [[Hong Kong]], e é o caso do [[lingua mirandesa|mirandés]] en [[Portugal]], co-oficial na [[Miranda do Douro|Terra de Miranda]].
 
Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da [[ONU]] ou a [[Unión Europea]].
52.348

edicións