Peseta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Moedas mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
catalán > lingua catalá
Liña 24:
A '''peseta''' foi unha [[moeda]] española de curso legal en [[España]] e [[Andorra]] (nesta última, xunto ao [[franco francés]]) dende o [[19 de outubro]] de [[1868]] até o [[31 de decembro]] de [[2001]], cando foi substituída polo [[euro]].
 
Antes, a ''peseta'' era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de bellón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que a termo ''peseta'' proveña da palabra [[catalánlingua catalá|catalá]] ''peçeta'' (peciña), diminutivo de ''peça'', nome co que se coñecían dende o [[século XV]] a algunhas moedas de prata.
 
O [[19 de outubro]] de [[1868]], o ministro de Facenda do Goberno provisional do [[Francisco Serrano Domínguez|Xeneral Serrano]], [[Laureano Figuerola]], asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de [[España]], ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o [[Sistema métrico]]. A primeira peseta foi cuñada en [[1869]].