Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
portugués > lingua portuguesa
Liña 10:
Con todo, non se debe esquecer a eiva, presente en moitos termos da botánica, segundo [[Font Quer]]<ref>Font Quer, P. ''Diccionario de botánica''. Editorial Labor, S.A., 1993.</ref>, das chamadas ''voces híbridas'', isto é, compostas por un primeiro elemento grego e o segundo latino, ou viceversa, e que, de ser posíbel, non se deben empregar. E moito menos se o primeiro elemento procede dunha lingua ''moderna'', que algún caso hai, por exemplo, no español científico. A homoxeneidade léxica exixe que todo termo composto estea formado por todos os seus compoñentes, dous ou máis, da mesma natureza lingüística.
 
[[Tom McArthur]]<ref name="mcarthur"/> cualifica as palabras e os morfemas do ISV como ''translinguistics'', explicando que funcionan "en moitos idiomas que serven como medios para a educación, a cultura, a ciencia, e a tecnoloxía". Ademais de en idiomas europeos, tales como o [[lingua inglesa|inglés]], o [[lingua castelá|castelá]], o [[lingua rusa|ruso]], o [[lingua sueca|sueco]], o [[lingua portuguesa|portugués]] ou o [[Lingua galega|galego]], os lexemas do VCI empréganse tamén en idiomas como o [[lingua xaponesa|xaponés]], o [[lingua malaia|malaio]], o filipino (''[[lingua tagala|tagalog]]'' ou ''tagalo'', en español) e outras linguas asiáticas. McArthur afirma que "no hai outro sistema de palabras e de [[morfema]]s tan internacional".
 
O VCI é un dos principais ''motores'' do desenvolvemento e a estandarización da ''Interlingua''. Os termos científicos e médicos en interlingua son en gran parte de orixe grecolatina, pero, como a maioría das palabras da interlingua, aparecen nunha ampla gama de idiomas. O vocabulario da interlingua establécese utilizando un grupo de idiomas de control seleccionado porque irradien palabras e absorben palabras dunha gran cantidade doutros idiomas. E, mediante a técnica do ''prototyping'' ou ''proto instances'', despois selecciónase un antepasado común máis recente de cada palabra elixíbel. Este procedemento serve para dar á interlingua o vocabulario o máis internacional posíbel<ref>6. Gode, A. ''Interlingua: A Dictionary of the International Language''. Nova York: Storm Publishers, 1951.</ref>.