Lingua oficial: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Modifico: ckb:زمانی فەرمی |
portugués > lingua portuguesa |
||
Liña 1:
Unha '''lingua oficial''' é a [[lingua]] consagrada na [[constitución]] ou no ordenamento xurídico dun [[país]], [[estado]] ou outro territorio como a lingua adoptada oficialmente nese país, estado ou territorio. Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos Estados Unidos que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide Bélxica, ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das [[Aland]] un caso especial con só o sueco como lingua oficial.
Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de [[Portugal]], do [[Brasil]] e dos [[PALOP]]s, outros teñen máis dunha, casos de [[Timor-Leste]], país no que son oficiais o [[lingua portuguesa|portugués]] e o [[tetum]], ou, fora do espazo lusófono, de países como a [[Bélxica]], [[Suíza]], [[África do Sur]] ou [[Paraguai]], entre outros.
Algúns países
Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da [[ONU]] ou a [[Unión Europea]].
|