Lira italiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Moedas mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
italiano > lingua italiana
Liña 17:
| entidade =[[Banca d'Italia]]
| ligaz = Oficial até o 28-02-2002
}}A '''lira italiana''' (en [[lingua italiana|italiano]]: ''lire'') foi a moeda oficial de [[Italia]]  desde [[1861]] ata o ano [[2002]]. Entre [[1999]] e [[2002]] coexistiu co [[euro]], sendo substituída definitivamente por este. A taxa de cambio fixa era de 1,50 liras = 10 euros.
A lira tamén foi a moeda oficial do [[Reino de Italia (1805-1814)|Reino Napoleónico de Italia]] entre [[1807]] e [[1814]]. O termo provén do valor do peso físico dunha [[libra (unidade de masa)|libra]] de prata de alta pureza, gardando unha directa relación coa [[libra esterlina]]; nalgúns países, como [[Chipre]] e [[Malta]], as palabras liras e libra foron empregadas como se fosen sinónimos, antes de que o [[euro]] fose aprobado no [[2008]] naqueles países.
==Historia==
Liña 24:
No ano [[1807]], o [[Reino de Italia (1805-1814)|Reino Napoleónico de Italia]], que ocupaba o norte da actual [[Italia]], presentou á lira como a súa moeda. Ao igual que o [[franco francés]], estaba dividida en 20 ''soldi'' ou 100 ''centesimi''. Esta lira estivo en circulación ata que o reino caeu en [[1814]].
 
Trala creación do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] baixo o goberno de [[Víctor Manuel II]] en [[1861]], unha lira estableceuse en, 4,5 gramos de [[prata]] ou 290,322 miligramos de [[ouro]]. Isto foi unha continuación directa das liras empregadas no [[Reino de Sardeña]]. Outras moedas que substituíron á lira italiana foron o [[florín]] de [[Lombardía]], a [[piastra]] de [[Reino das Dúas Sicilias|Dúas Sicilias]], o [[florino]]  de [[Toscana]], o [[escudo (Vaticano)|escudo]] do [[Vaticano]], e as liras de [[Parma]]. No [[1865]], Italia formou parte da [[Unión Monetaria Latina]], establecéndose unha igualdade entre o seu valor e o do [[franco francés]], o [[franco suízo]] e o [[franco belga]].
 
A [[Primeira Guerra Mundial]] acabou coa [[Unión Monetaria Latina]], traducíndose isto nun aumento dos prezos en toda Italia. A inflación foi freada polo xefe do estado e ditador [[Benito Mussolini]], quen o [[18 de agosto]] de [[1926]], estableceu que o tipo de cambio entre as liras e a [[libra esterlina]] sería de £1 = 90 liras, aínda que a taxa de cambio real estivera cercana ás 140-150 liras por libra. En [[1927]] un [[dólar estadounidense]] equivalía a 19 liras. Este cambio perdurou ata [[1934]], cunha taxa de cambio separada para os turistas, de US$1 = 24,89 liras. No ano [[1939]], o cambio oficial foi de 19,8 liras por dólar.
Logo da invasión dos aliados a Italia en xuño do [[1943]], o tipo de cambio fixouse en US$1 = 120 liras (1 libra esterlina = 480 liras), reducido a 100 liras ao mes seguinte. Nas zonas ocupadas por [[Alemaña]], o tipo de cambio fixouse en 1 marco = 10 liras. Ao rematar a guerra, o valor da lira flutuou, ata fixarse en US$1 = 575 liras dentro do sistema [[Bretton Woods]] en novembro de [[1947]]. O [[21 de setembro]]  de [[1949]] foi devaluada a 625 liras por dólar. Esta taxa mantívose ata o final do sistema Bretton Woods na década de [[1970]]. Nos anos seguintes sucedéronse varios episodios inflacionarios ate que a lira foi substituída definitivamente polo [[euro]].
==Véxase tamén==
===Moedas ligadas á lira italiana===